Adega de Colleiteiro

A nosa Adega de Colleiteiro goza dunha larga tradición familiar, onde xeración tras xeración dedicámonos a viticultura, desde que o noso antepasado, o Tenente Coronel de Infantería D. José Nóvoa, regresara vitorioso da Primeira Guerra Carlista no ano 1840. Despois de seis xeracións, José Manuel Blanco, herdeiro da adega, no ano 2002 decide deixar de vendelas uvas que producía, para empezar a elaborar e embotellar seu propio viño.

No ano 2012, con motivo do décimo aniversario, decidimos dar un paso para mellor a calidade do noso viño, combinando a tradición familiar coa ultima tecnoloxía en elaboración de viños, polo que eliximos unha marca nova para a nosa adega, Val de Souto. Tódolos nosos viños están elaborados con uva de produción propia, onde una sola persoa, o Colleiteiro José Manuel Blanco, encargase de todo o proceso, dende o coidado da viña, da elaboración do viño e o seu posterior embotellado.